A gran tese da segunda etapa do pensamento de Baudrillard foi precisamente a afirmación da desaparición do real baixo unha choiva de representacións, quedando finalmente só a posibilidade da simulación. Baudrillard fai unha crítica da sociedade occidental, mostrando como a cultura da imaxe de fin de século baleira de contido o universo e alonxa ao home da realidade "natural".
Baudrillard revisou o guión de The Matrix, pero negouse a participar na película, pois consideraba que o seu plantexamento trivializaba a crítica que pretendía facer sobre o universo virtual e os medios de comunicación na nosa sociedade.
Aínda así A triloxía dos irmáns Wachowski, ten o mérito de ter acercado as ideas deste gran filósofo e sociologo francés a un publico non especializado en filosofía.
Jean Baudrillard describeo con estas palabras:
“A abstracción hoxe xa non é a do mapa, o dobre, o espello ou o concepto. A simulación non é xa a dun territorio, unha existencia referencial ou unha substancia. Trátase da xeración de modelos de algo real que non ten orixe nin realidade: un “hiperreal”. O territorio xa non precede ao mapa, nin o sobrevive. De aquí en diante, é o mapa o que precede ao territorio, é o mapa o que enxendra o territorio; e se reviviramos a fábula hoxe, serían as tiras de territorio as que lentamente podrecerían ao longo do mapa. É o real e non o mapa, cuxos escasos vestixios subsisten aquí e alí: nos desertos que non son xa máis do Imperio, senon nosos. O deserto do real en sí mesmo.” [+] (texto completo en inglés)
Na película Morfeo mostra a Neo, no constructor, o que é Matrix cunha televisión (en alusión á construcción da realidade a través dos medios de comunicación) é usando a frase final dese texto do filósofo Baudrillard: "Benvido ao deserto do real"
Tanto Matrix, como Matrix Reloaed, como Matrix Revolutions, xogan coa idea de "simulacro" e mostránse elas mesmas coma un simulacro máis. Pero é a primeira delas a que con máis intensidade o mostra. Os xestos de Neo cando pelexa son os xestos de Bruce Lee, as esceas de loita con armas son propias dun videoxogo e emulan as imaxes de unha película de animación (Ghost in the Shell)Unha historia dentro doutra historia, como espellos que se reflicten a si mesmos, reproducindose en círculos concentricos, da mesma forma que o fai a Matrix que o Arquitecto mostrará a Neo ao final da segunda cinta.
Baudrillard e a desaparición do real
Suscribirse a:
Entradas (Atom)